Entradas

Traxe galego de bebé

Imagen
Ola a tod@s


Quería compartir un dos meus primeiros pinitos co traxe galego (), feito para un pequeno da casa de 6 meses e composto por camisa, cirolas, calzón, chaleque e un mini pano de namorar... As polainas  fixémolas no último momento. Para ser xustos, quedoulle un pouco escaso, este ano haberá que facer outro
A camisa e cirolas son do máis sinxelo que se podía facer, según patróns de roupa de bebe.

O chaleque de pano verde e vivos en terciopelo negro con botóns metálicos e unha imitación de reloxo de peto, os petos con vivos en veludo son de verdade non imitación. Decorado no lombo cunha frecha de veludo.
O calzón negro de cintura elástica e caixa frontal de imitación con botóns metálicos a xogo cos do chaleque, tamén leva botóns decorativos nos laterais das perneiras.
As cirolas fixemolas con fieltro, aínda que quedarían mellor en pano negro.
Espero que vos guste...

Camafeo 19

Imagen
Ola a tod@s!!!!!!!!!

Como vedes temos de moda los camafeos, hoxe traemosvos un novo, cunha fermosa trenza de la enroscada

Esperamos que vos guste

Colares tradicionais. Colar vermello con crucifixo

Imagen
Ola a tod@s!!!!!




Hoxe vai de colares que teño feitos desta volta é unha tanda de 3 crucifixos  con colar en combinación de bolas vermellas de cristal facetado (coma cor dominante), bolas negras de cristal  facetado e bolas de filigrana douradas. Enfiadas con fio torzal de varias cores e as borlas están feitas ben con torzal, ben con fio de perlé tamén de varias cores. No centro do colar levan un crucifixo en douradas. 
Eu, anúdoos en todas as bolas, por seguridade, o certo é que o torzal do enfiado é moi difícil de romper e a pesar diso teño visto romper. A pesar de que nos dixeron que os colares maáis antigos non ían anudados. Cada quen que faga o que estime mellor.




Espero que vos guste.




Colares tradicionais. Camafeos da Virxe do Rosario

Imagen
Ola a tod@s!!


       Xa tiña ganas de facer uns camafeos para o traxe, mais non remataba de me atrever por isto de que non fosen apropiados ou coherentes co traxe. Recentemente, nun obradoiro de colares tradicionais, a mestra trouxo un libro de orfebrería galega tradicional. 
(localizarei os datos do libro e agregareinos nesta entrada) que recollía a existencia de camafeos, moi fermosos policromáticos sobre base de ouro, aínda que non aparecían montados.
       Na elección da imaxe procurei ser o máis coherente posíbel, que é o que levarían as nosas aboas: a imaxe do seu propio natalicio, a imaxe propia do seu lugar ou a Virxe do Carme ou do Apóstol Santiago que son as devocións máis relevantes en Galicia.
         A miña composición é bixutería con bola filigrana dourada (por suposto que pode ser moi mellorábel con bolas tradicionais douradas decoradas cos elementos circulares); bola facetada de cristal negro de 10 mm no meu e de 8 mm no colar das miñas nenas; fío torzal de varias cores …

Conxunto bautismal

Imagen
Olá a tod@s

Desta volta deixovos as fotos do último conxunto de bautismo de rapaz: pelele, faldón, toaliña bautismal e lazo de encaixe para a candea.

Neste primeiro grupo de fotografia temos a toalliña de encaixe de bolillos en fio sedón. O lazo de encaixe esta elaborado conpletamente de encaixe do mesmo fio.



Agora pasamos ao traxe que está composto por pelele e faldón, confeccionado todo con organdí suizo e batista fina para o forro e o a enagua do faldón.

O pelele é do máis sixelo que hai, vai decorado cunha frecha de encaixe.

O faldón leva unha puntilla de encaixe de bolillos do mesmo sedón do que xa falamos antes e una elaboración de dous entredoses de encaixe que se unen nun tronco central e 3 lorzas.

Supoño que saberedes desculpar o pouco estético das fotos, todo na procura da evitar unha excesiva exposición do neno.






Deica a próxima entrada.
Saúdos.

Camafeo de bisuteria da Virxe das Dores

Imagen
Olá tod@s

Un novo camafeo, nesta ocasión da Doorosa, a Virxe das dores, neste caso a estampa da que tomamos a imaxe dun gravado datado no século XVIII, unha verdadeira fermosura.




Deica a próxima entrada.

Saúdos